a profecía do vello druída da fortaleza de baroña, onde o rei brath fora asasinado polo seu fillo corrub, habíase cumprir: “o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. e o rei será raíña e a espada será o seu signo”. morgún –aquel meniño aparecido na lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos– será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor breogán. esta novela épica de suso de toro ten por narrador a dous corvos, un guerreiro que narra o acontecido a morgún, a quen el chama lobo máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. a súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia. “morgún” é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.